A Igrexa
A Igrexa de Cristo.
"Esta é a única Igrexa de Cristo, da que confesamos no Credo que é unha, santa, católica e apostólica" (LG 8). Estes catro atributos, inseparablemente unidos entre si (cf. DS 2888), indican trazos esenciais da Igrexa e da súa misión. A Igrexa non os ten por ela mesma; é Cristo, quen, polo Espírito Santo, dá á Igrexa o ser unha, santa, católica e apostólica, e El é tamén quen a chama para exercitar cada unha destas calidades.
(CATECISMO DA IGREXA CATÓLICA)