Todo o teu precisa de ti.
Comprobado que do Ceo só cae auga (e maná de cando en vez -moi de cando en vez-). 

COLABORA CO TEU SEMINARIO.

No Seminario fórmanse os mozos que coa axuda de Deus serán os futuros cregos das nosas parroquias. Colaborar con este lugar é unha aposta polo presente e polo futuro da nosa Igrexa. En Lalín presumimos de ser un viveiro de vocacións sacerdotais; contigo seguiremos a presumir.

COLABORA CON CÁRITAS

A caridade é sempre unha proba de fogo para a nosa fe. Sen obras... xa se sabe. "Dar para Cáritas" é axudar e compartir cos que máis o precisan (sexan estes quen sexan). Hoxe por ti e mañá... Deus dirá.

COLABORA COA TÚA DIOCESE.

O Bispado de Lugo é o ente encargado, entre outras cousas, de soster aos curas e coidar -na medida do posible- dos templos. Colaborar económicamente co Bispado é facer do "noso" algo de todos.  É sinxelo: fago un donativo á Diocese e alí utilízano no que máis conveña (xa sexa aquí ou na "Conchinchina").

Cumprimenta o seguinte formulario e poñerémonos en contacto contigo. Grazas!