Doazón
TI COLABORAS. TAMÉN É TEU.

Colabora

Cando fagas unha doazón podes solicitar o documento conforme que a fixeches; este certificado debes presentalo na Declaración da Renda.

  1. Se a doazón é en efectivo, solicita nese momento o xustificante da mesma.
  2. Se a doazón á Parroquia, ao Seminario ou ao Bispado foi feita a través dunha transferencia bancaria, basta que entregues nalgún destes lugares o xustificante bancario cos teus datos persoais; alí mesmo se che entregará este certificado. Se non puideses entregala persoalmente podes enviar os teus datos (nome e apelidos, empresa ou particular, CIF de empresa ou DNI, enderezo postal, teléfono de contacto e fin para o que se fai a doazón) coa copia do xustificante bancario á seguinte dirección: IGREXA PARROQUIAL DE LALÍN, Avenida Luís González Taboada s/n, 36500 - Lalín (Pontevedra).