Galego
Recemos en galego.

NOSO PAI

Noso Pai que estás no Ceo, santificado sexa o teu nome, veña o teu reino, fágase a túa vontade aquí na terra coma no Ceo, danos hoxe o noso pan de cada día, perdoa as nosas ofensas como tamén nós perdoamos a quen nos ten ofendido, non nos deixes caer na tentación mais líbranos do mal. Amén.

AVE MARÍA

Ave María chea es de graza, o Señor está contigo, bendita ti entre tódalas mulleres e bendito é o froito das túas entrañas, Xesús. Santa María, Nai de Deus, roga por nós pecadores, agora e na hora da nosa morte. Amén.

CREDO APOSTÓLICO

Creo en Deus Pai todopoderoso, creador do ceo e mais da terra.
Creo en Xesuscristo, seu único fillo, noso señor, que foi concibido por obra e graza no Espírito Santo, naceu de Santa María Virxe, padeceu baixo o poder de Poncio Pilato, foi crucificado, morto e sepultado, descendeu aos infernos, ao terceiro día resucitou de entre os mortos, subiu aos ceos e está sentado á dereita de Deus Pai todopoderoso, dende alí ha de vir a xulgar aos vivos e aos mortos.
Creo no Espírito Santo, na Santa Igrexa Católica, na Comuñón dos Santos, no perdón dos pecados, na resurrección da carne, e na vida eterna. Amén

CREDO NICENO-CONSTANTINOPOLITANO

Creo nun só Deus, Pai todopoderoso creador do Ceo e da Terra, do visible e do invisible.

Creo nun só Señor Xesuscristo, Fillo único de Deus, nado do Pai antes de tódolos séculos: Deus de Deus, Luz de Luz, Deus verdadeiro de Deus Verdadeiro, xerado non creado, da mesma natureza do Pai por quen todo foi feito, que por nós os homes e pola nosa salvación baixou do Ceo
e por obra do Espírito Santo se encarnou de María, a Virxe,e se fixo home; e pola nosa causa foi crucificado, morto e sepultado,
e resucitou ao terceiro día, segundo as Escrituras, e subiu ao Ceo e está sentado á dereita do Pai; e de novo virá con gloria para xulgar aos vivos e aos mortos e o seu reino non terá fin. Creo no Espírito Santo, señor e dador de vida, que procede do Pai e do Fillo, e co Pai e o Fillo recibe unha mesma adoración e gloria e que falou polos profetas.
Creo na Igrexa que é unha, santa, católica e apostólica. Confeso que hai un só bautismo para o perdón dos pecados. Espero a resurrección dos mortos e a vida do mundo futuro. Amén.