Catequese de Infancia
O espertar relixioso... xunto coa familia.

A partir dos sete anos ou segundo de primaria os cativos inician o proceso de educación na fe no seo da comunidade cristiá a través da catequese parroquial. Neste proceso percorre estas etapas:

- Espertar relixioso, cuxa labor é fundamentalmente dos pais, avós, familia.

- Catequese de iniciación á fe en Xesucristo (ao longo de dous cursos).

- Celebración dos sacramentos do Perdón e a Comuñón. 

Aquí podes inscribir aos teus fillos na Catequese de infancia. Cumprimenta e envía este formulario.