O máis alá
Porque esta vida está medida polo tempo.

Como andan dicindo algúns entre vós que non hai resurrección de mortos? Se non hai resurrección de mortos, tampouco Cristo resucitou. E se non resucitou Cristo, va é a nosa predicación, va tamén a vosa fe [...] Pero non! Cristo resucitou de entre os mortos como primicias dos que durmiron» (1 Co 15, 12-14. 20).


QUE ACONTECE COA MORTE?

A nosa alma separarase do noso corpo e presentarase ante Deus para recibir o que nós mesmos elixísemos na vida.


O XUIZO PARTICULAR

Ao morrer, viviremos un Xuízo Particular. Neste xuízo atoparémonos ante Xesucristo e ante a nosa vida: todos os nosos actos, palabras, pensamentos e omisións quedarán ao descuberto. Será, como dixo San Xoán da Cruz, "o exame do amor". Teremos que respostar a unha pregunta: "canto e como amaches a Deus e aos demais?"

O CEO

O Ceo é a participación na natureza divina, gozar de Deus por toda a eternidade, a última meta do inesgotable desexo de felicidade que cada un leva no seu corazón. É a satisfacción dos máis profundos anhelos do corazón humano e consiste na máis perfecta comuñón de amor coa Trindade, coa Virxe María e cos Santos. Os benaventurados serán eternamente felices, vendo a Deus tal cal é.

(Catecismo da Igrexa Católica)

O PURGATORIO

Os que morren na graza e na amizade de Deus, pero imperfectamente purificados, aínda que están seguros da súa eterna salvación, sofren despois da súa morte unha purificación, a fin de obter a santidade necesaria para entrar na alegría do ceo.

(Catecismo da Igrexa Católica)

O INFERNO

Estado de autoexclusión definitiva da comuñón con Deus e cos benaventurados.

(Catecismo da Igrexa Católica)

A RESURRECCIÓN DOS CORPOS

O termo "carne" designa ao ser humano na súa condición de debilidade e de mortalidade (cf. Gn 6, 3; Sal 56, 5; Is 40, 6). A "resurrección da carne" significa que, despois da morte, non haberá soamente vida da alma inmortal, senón que tamén os nosos "corpos mortais" (Rm 8, 11) volverán ter vida.

(Catecismo da Igrexa Católica)

O XUIZO FINAL/UNIVERSAL

O Xuízo Final acontecerá ao fin dos tempos, cando Xesús volva vir glorioso á Terra. Nel, todos seremos xulgados de acordo á nosa fe e ás nosas obras.

Nese día verase o amor que puxemos en cada unha das accións da nosa vida. Ese amor será o que nos xulgue.

PREGAR POLOS DEFUNTOS

Pregar polos defuntos é algo que os católicos fixeron dende o comezo da Igrexa. E na nosa terra galega é algo que está moi enraizado e que debemos seguir mantendo.

 Coas nosas oracións podemos axudar aos que están no Purgatorio para poidan ver a Deus cara a cara. E se eles non a precisasen, servirá para outros defuntos en virtude da comunicación de bens espirituais entre vivos e defuntos que proclama a nosa crenza na Comuñón dos Santos.

Queres ler e aprender máis?