Os mandamentos da Igrexa
Un mínimo indispensable.

Os Mandamentos da Igrexa son as obrigas que todo cristián debe cumprir -como un mínimo indispensable- para vivir como verdadeiro membro da Igrexa. Os mandamentos da Santa Nai Igrexa son cinco:

OIR MISA ENTEIRA TÓDOLOS DOMINGOS E OS DÍAS DE PRECEPTO*.

*Días de precepto: 1 e 6 de Xaneiro / 19 de Marzo / 25 de Xullo / 15 de Agosto / 1 de Novembro / 8 e 25 de Decembro mais o día da Festa Patronal.



CONFESAR OS PECADOS MORTAIS POLO MENOS UNHA VEZ NO ANO, E EN PERIGO DE MORTE, E SE SE VAI COMULGAR.

COMULGAR, POLO MENOS, POR PASCUA DE RESURRECCIÓN*.

*O Día de Pascua ou un dos 50 días posteriores a este.

GARDAR O XAXÚN E A ABSTINENCIA DE CARNE CANDO O MANDE A IGREXA*.

*A Igrexa pide que xaxuemos -os que estean obrigados por idade- polo menos o Mércores de Cinsa e o Venres Santo e pide que gardemos abstinencia de carne (sen posibilidade de trocar esta obriga por outra obra) o Mércores de Cinsa, tódolos venres de Coresma e o Venres Santo.

AXUDAR Á IGREXA NAS SÚAS NECESIDADES.