Os nosos cregos
Cregos na / da nosa terra

DON MARCOS TORRES GÓMEZ

Natural de San Miguel de Bendoiro (Lalín). Ordeado sacerdote o 19 de marzo de 2010.

Administrador Parroquial de Donramiro, Donsión e Bendoiro e Vicario Parroquial de Lalín dende 2014 e administrador Parroquial de Prado dende 2016. Administrador Parroquial de Lalín, Goiás, Xaxán e A Veiga dende o 5 de febreiro de 2017. Delegado Episcopal de Vocacións e Delegado Episcopal para a Vida Consagrada e Director Espiritual do Seminario Menor de Lugo.

DON DANIEL GIL GONZÁLEZ

Natural de San Miguel de Bendoiro (Lalin).

Formador e profesor no Seminario Diocesano.

Adscrito ás Parroquias de Lalín, Donramiro, Donsión, Bendoiro, Prado, Xaxán, A Veiga e Goiás dende o 5 de febreiro de 2017.

MONSEÑOR MANUEL SALGADO SILVA 

Párroco de Lalín, Donramiro e Donsión dende 1989 ata febreiro de 2017.

Arcipreste de Deza durante moitos anos.

Nomeado por Benedicto XVI "Prelado de Honor de S.S." en 2010.

Recuperador da Adoración Nocturna en Lalín e gran promotor das vocacións sacerdotais.

DON VICTORIANO SUCASAS VARELA

En 1954, incorpórase como profesor de Formación Relixiosa ao recentemente creado Instituto Laboral de Lalín. En abril de 1956 xa asina como cura párroco de Lalín. En 1960 é Tenente Arcipreste.

DON JOSÉ MARÍA LÓPEZ CASTRO


Nacido en Noceda o 3 de setembro de 1872. Desde 1898 foi párroco da parroquia de San Salvador da O e Arcediano de Dozón, desde a cal accede á de Lalín. 

En 1919 inaugúrase a actual Igrexa de Lalín que comezara a construír o ano 1903.

En 1928 é nomeado tesoureiro da  "Comisión a prol do monumento a Loriga en Lalín".

Falece en novembro de 1955.

DON LORENZO GONZÁLEZ MAZAIRA


DON BUENAVENTURA CAÑIZARES DEL REY

Párroco de Lalín dende 1905.

Ten como coadxutor a Don Valentín Varela González, natural de Silleda.

En 1914 é nombrado Canónigo da Catedral de Lugo e en 1920, Canónigo da Catedral de Santiago de Compostela.

Faleceu en 1941.

Como historiador deixou varios escritos entre os que destaca "Colección diplomática, manuscrita en 1314 cuartillas, encuadernada en cuatro volúmenes con la trascripción de 593 documentos".

DON DOMINGO PALLARES LÓPEZ

Párroco de Lalín ao redor do 1888.

Restaurou a igrexa de Cadrón.

DON JOSÉ BRANDIDO

Ano 1847. 

Párroco de Donramiro, Lalín e Donsión durante 27 anos.

Crea a "Confraría da Santísima Trindade" en San Martiño de Lalín de Arriba.

DON CONSTANTINO LÓPEZ PALMAZ

Coadxutor de Don José Brandido. Natural de Donramiro.

DON JOSÉ FERNÁNDEZ

Coadxutor de Don José Brandido.

DON NICOLÁS BRANDIDO

Coadxutor de Don José Brandido.

DON JESÚS TEMES BOLAÑO

Párroco de Lalín dende 1903. Anteriormente coadxutor de Sarria.


DON ANTONIO NEIRA SANJURJO

Párroco de Lalín. Morre en 1903.

DON LAUREANO GUITIAN RUBINOS

Naceu en Portomarín (Lugo) no ano 1843. No 1882 crea a Confraría de Nosa Señora do Montserrat. Autor de "Unha noite na casa do tio Farruco do Penedo." Faleceu aos 42 anos.

DON ANTONIO SEIJAS

Párroco de Donramiro, Lalín e Donsión ao redor do 1870.


DON MIGUEL NOVOA VARELA

Párroco de Donramiro, Lalín e Donsión ao redor do 1870. Abreu en Lalín un Colexio de 1º e 2º de ensinanza. Escribeu varios libros. Pronunciou a oración fúnebre nas exequias do rei Alfonso XII. Morreu no ano 1893.