Penitencia e reconciliación
Realiza a chamada de Xesús á conversión.

I- Preguntas e respostas sobre o sacramento do perdón e a confesión:

QUE É O SACRAMENTO DA PENITENCIA E RECONCILIACIÓN?

Este sacramento foi instituído por Xesucristo para borrar os pecados cometidos despois do Bautismo. Realiza sacramentalmente o noso retorno á amizade con Deus do pai despois de que rompela polo pecado.

CANDO INSTUTUIU CRISTO ESTE SACRAMENTO?

Logo da Resurrección e estando os Apóstoles agochados por medo, Xesús Resucitado presentouse e díxolles:

"Recibide o Espírito Santo, a quen perdoedes os pecados quedaránlles perdoados, a quen llos reteñades, quedaránlles retidos." (Xn. 20, 22-23)

EU XA ME CONFESO DIRECTAMENTE CON DEUS...

Si, ti podes dicir a Deus: "Perdóame", e dicirlle os teus pecados. Pero os nosos pecados son tamén contra os nosos irmáns, contra a Igrexa e por iso é necesario pedir perdón á Igrexa e aos irmáns, na persoa do sacerdote. (Papa Francisco)

POR QUE CONFESAR CUN CURA?

É certo que o Sacerdote é un ser humano (con pecados como os demais). Pero resulta que ten un poder dado por Deus para perdoar os pecados a través deste Sacramento.

Os católicos sabemos que Xesús concedeu o poder para perdoar os pecados aos Apóstolos e aos seus sucesores. Nós non o cuestionamos, poñémolo en práctica.

PARA FACELO BEN É PRECISO:

  1. Facer exame de conciencia.
  2. Sentir dor polos pecados cometidos
  3. Ter firme propósito de non cometelos máis.
  4. Dicir os pecados ao sacerdote.
  5. Cumprir a penitencia ( satisfacción).

CANDO PODO CONFESARME?

Cando desexes recibir o Sacramento do Perdón, dillo ao teu párroco, estará encantado en escoitarte en confesión. Se non o ves... chámao. Podes facelo tamén en calquera outro lugar ou con calquera outro cura que teña licencia para confesar. Incluso durante a celebración da Eucaristía podes atopar a algún sacerdote no confesionario.

En todo caso, na Parroquia das Dores de Lalín, tódolos días ás 19.30 hai sacerdotes dispoñibles para confesar.

LEMBRA: A CONFESIÓN... INDIVIDUAL!

Hase de reprobar a práctica segundo a cal se pretende satisfacer o deber de confesar sacramentalmente os pecados mortais para obter a absolución mediante a soa confesión xenérica. Ademais do precepto divino declarado no Concilio de Trento, isto esíxeo o maior ben das almas. A confesión individual e íntegra seguida da absolución é o único modo ordinario mediante o cal os fieis poden reconciliarse con Deus e coa Igrexa, a non ser que unha imposibilidade física ou moral dispénseos de tal confesión. (Congregación para a Doutrina da Fe)

CANDO SE PERMITE UNHA ABSOLUCIÓN XERAL?

Só cando se presenta perigo inminente de morte e non hai tempo para que o sacerdote ou sacerdotes, aínda que estean presentes, poidan oír en confesión a cada un dos penitentes. 

E SE ME PERDOARON OS PECADOS CUNHA ABSOLUCIÓN XERAL?

Segundo a doutrina da Igrexa:

  • Has de facer unha confesión individual antes de recibir unha nova absolución xeral, a non ser que esteas impedidos por unha causa xusta. 
  • Estás obrigado a acudir dentro dun ano a un confesor, a non ser que estean impedidos por imposibilidade moral.
  • Segue vixente o precepto polo que todo cristián está obrigado a confesar, polo menos unha vez ao ano, os propios pecados graves que non confesase aínda singularmente 

PODO AGARDAR A UNHA ABSOLUCIÓN XERAL?

NON. Quen ten conciencia de estar en pecado mortal e teñen a disposición algún confesor, non pode eludir intencionalmente ou por neglixencia, cumprir a obrigación da confesión individual, agardando unha ocasión en que se dea a moitos a absolución xeral.

TOTAL... SEI QUE VOU VOLVER PECAR...

Prever que se vai volver pecar non impide que se teña desexo e propósito de non volver facelo. "Sei" que mañá xantarei outra vez... pero non por iso deixo de facelo hoxe. Estás arrepentido/-a polo pecado cometido? Pois confésate hoxe; mañá... Deus dirá!

II-Preguntas e respostas sobre o pecado:

HAI DIFERENCIA ENTRE "SENTIR" E "CONSENTIR" UNHA TENTACIÓN?

Si. "Sentir" unha tentación é algo puramente sensitivo da parte animal do ser humano que non esixe unha intervención da vontade. "Consentir" é algo xa puramente humano. Sentir unha tentación non implica cometer pecado. Consentila pode que si.




HAI DOUS "TIPOS" DE PECADO. CAL SON? 


Fundamentalmente son: pecados veniais e pecados graves (ou mortais).

QUE É O PECADO VENIAL?

O pecado venial (de venia, de levedade) é o rexeitamento dun don menor de Deus, algo non fundamental para manterse preto de Deus. Non produce a ruptura da amizade con Deus senón que a debilita.

O pecado pode ser venial:

  1. Porque a materia do mesmo é venial, leve, pequena.
  2. Porque, aínda sendo a materia grave, hai imperfección do acto (porque non hai advertencia do intelecto ou consentimento pleno por parte da vontade).

QUE É O PECADO MORTAL?

Chámase "pecado mortal" á comisión deliberada dunha infracción grave da lei de Deus. É:

  • Unha grave inxustiza contra o dominio de Deus.
  • Un desprezo á amizade divina.
  • Unha ingratitude para con Deus.
  • A renovación da causa da paixón e morte de Cristo.
  • A violación do templo do Espírito Santo que é a persoa.


CAL SON AS CONSECUENCIAS DO PECADO MORTAL?

  1. A perda da caridade e do estado de graza.
  2. A perda dos méritos adquiridos durante a vida.
  3. O escurecemento da intelixencia.
  4. A perda do dereito á gloria eterna.
  5. En virtude do dogma da Comuñón dos Santos, dano á Igrexa e a toda a creación.
  6. A enemizade con Deus. 

QUE É PRECISO PARA QUE EXISTA PECADO GRAVE?

MATERIA GRAVE: o obxecto daquel acto é en si mesmo grave. Todo o que é incompatible co amor a Deus supón materia grave.

Hai pecados que non sempre son "mortais" xa que aínda que se refiran a materia grave (o furto, por exemplo) admiten escaseza de xeito que se só hai materia leve non pasan de pecado venial (roubar unha cousa insignificante non é o mesmo que roubar diñeiro público).

COÑECEMENTO / ADVERTENCIA PLENA:

  • darse plenamente de conta do que se está a facer un acto malo.
  • saber que iso é pecado grave.

CONSENTIMENTO PERFECTO (LIBRE ALBEDRÍO): aceptación plena de levar a cabo ese acto malicioso. Non sempre é doado saber se houbo consetimento pleno. En caso de dúbida: quen ordinariamente consinte un pecado debe xulgar que si o consentiu, e á contra. 

QUE É PRECISO PARA A IMPUTABILIDADE?

Para que exista imputabilidade basta que o pecado sexa querido indirectamente ou na súa causa.

Distintos estados da persoa (violencia, medo, herdanza, psicoloxía, ambiente...) afectan á imputabilidade do pecado.

A IGNORANCIA: VENCIBLE OU INVENCIBLE

A ignorancia (descoñecemento) sobre o pecado afecta ao xuízo do intelecto e a moralidade e imputabilidade do acto. A ignorancia pode ser:

  • Invencible: imposibilidade de coñecer que esto é pecado.
  • Vencible: había posibilidade de coñecer que esto era pecado.

III- Exame de conciencia.

PARA XÓVENES

PARA ADULTOS

Se tes algunha dúbida sobre este sacramento tan importante... a través deste formulario podes facela. Contestarémosche por mail canto antes.