Solicita unha Misa
Un "sinxelo xesto" que ten un valor infinito.

Ofrecer unha Misa, ademais de ser proveitoso para nós mesmos e para aqueles por quen a ofrecemos, nos fai máis conscientes da importancia que ten pregar uns polos outros (especialmente polos defuntos) e axúdanos a medrar na comuñón de bens espirituais e materiais.
Sabes que o valor da Misa é infinito (as Misas non se pagan). Ben é certo que é costume dos cristiáns para cumprir co deber de soster coa súa esmola á propia Igrexa e aos sacerdotes. Por esta razón a normativa eclesial recorda aos sacerdotes que, ao recibir o estipendio/oferta pola Eucaristía ofrecida por unha intención, quedan obrigados gravemente en xustiza a celebrala. Os Bispados galegos establecen, ademáis, o máximo a percibir como esmola: Misa manual -10€-, Novena -98€-, Aniversario -40€-... De tódolos xeitos é preciso non esquencer que o verdadeiramente importante é ofrecer a Misa, pedir a Deus e celebrar a fe.

Cumprimentando este formulario, anotaremos a túa intención e poñerémonos en contacto contigo para confirmarche o día no que será aplicada: