Solicitude
DO SACRAMENTO DO BAUTISMO

Se desexas solicitar o bautismo para o teu fillo ou a túa filla ou queres recibir ti mesmo este sacramento... descarga o arquivo, imprímeo, cumpriméntao e entrégao na igrexa de Lalín (de martes a sábado de 09.00 a 13.00 ou preto das horas de Misa); alí xa concretamos día e hora e falamos do que sexa preciso. Trae tamén a fotocopia do libro de familia e as partidas de bautismo dos futuros padriños.

Por certo: parabéns e benvido/-a á Igrexa! Que Deus te bendiga!


Respostas para dúbidas comúns:

- sobre o Sacramento do Bautismo -

Quen pode recibir este Sacramento? 

Calquera ser humano aínda non bautizado. E só el.

O bautismo é só cousa dos cristiáns? 

Si.

Basta só con padriño ou madriña? 

Si. Basta con un padriño ou unha madriña.

Poden ser dous padriños ou dúas madriñas? 

Non. Só pode haber un padriño ou un madriña ou ben un padriño e unha madriña.

Que é preciso para ser padriño ou madriña? 

Ter recibido o sacramento da confirmación (que dá moito sentidiño).

Canto custa o sacramento? 

Os sacramentos non se pagan con diñeiro.  Máis datos? 0€

A que hora e que días se pode celebrar? 

Fala co cura, estará encantado de anotalo na súa axenda. Cando mellor sexa para vós; de seguro que el se adapta.

Comprométome a algo 

se bautizo ao meu fillo ou á miña filla? 

Por suposto! A educalo na fe e axudalo a medrar en graza e gardar o don recibido. Lóxico, non?

A miña parella non é católica pero eu si quero bautizar aos nosos fillos... 

Non pasa nada, faládeo na casa, verás como o entende.

Pero nós non estamos casados! 

Quen dixo que estar casados era "conditio sine qua non" para solicitar o bautismo para un/unha fillo/-a. Claro que é o razonable xa que educamos tamén co que vivimos pero non é obrigatorio. (Aínda que podedes aproveitar para celebrar dous sacramentos no mesmo día. Sería unha bendición para todos!)

É preciso levar unha 

"vela de bautismo"? 

É preciso levar unha vela -o día do bautismo- que logo sería bo gardala na casa como lembranza deste fito tan importante.

E un pano branco? 

Tamén.

E esa auga do Xordán que nos regalaron? 

Podedes traela tamén e usarase na celebración pero non vos preocupedes en mercala ou ir buscala alá xa que na Parroquia hai auga bendicida na Vixilia Pascual (máis valiosa que a do Xordán).

Podemos poñer flores na igrexa para ese día? 

Por suposto! Aínda que recomendámosvos que non fagades gastos innecesarios. O importante é o sacramento!

Temos un amigo/familiar que é crego e... 

Claro que si! Invitádeo a vir ese día e el será o ministro.

Son xa maior e estou sen bautizar... 

Deixate bautizar!

Serás benvido ao teu fogar e faremos unha grande festa.

MOITAS PREGUNTAS PERO NON ESTÁ A QUE QUERO FACER EU!

Non te preocupes. 

Ven pola Parroquia e falamos.